A lonxa

"O mar é un pilar básico da economía do noso pobo"


A fonda relación dos habitantes da nosa vila co mar estivo e está presente en todos os aspectos da nosa vida. A importancia do noso sector pesqueiro queda reflexada no número de embarcacións, no número de postos de traballo e no volume de ventas da nosa lonxa. 

O porto de Cambados acolle a flota de cerco máis importante e modernizada de Galicia; ten unha flota de baixura que, por número de embarcacións, postos de traballo directos e artes ás que se adica, é a de ,máis importancia da ría; conta cun importante sector marisqueiro, tanto a flote como a pé, que se está autoorganizando, e unha importante acuicultura, que con un bo número de bateas de mexillón e ostra conforma un sector de vital importancia.


A comezos do século Cambados só tiña un pequeño peirao en Fefiñáns, xa desaparecido. No ano 1907 comezaron as obras do peirao de Cambados e na década do 1950 fanse os primeiros proxectos do porto de Tragove que comezou a construírse no 1970. Segundo os datos recollidos en “O mar en Cambados”, un libro/catálogo que na actualidade atópase na Cofraría de Pescadores, a historia foi da seguinte maneira:

  • No 1951 amplíase o peirao de San Tomé e empézase a falar do proxecto de construcción dun peirao de gran calado na punta de Tragove.
  • No 1964 faise a segunda ampliación do peirao de San tomé.
  • No 1983 o Concello leva a cabo obras de reforma na lonxa.
  • No 1991 Comeza a funcionar a Lonxa de Tragove.
  • No 1998 amplíanse os servicios no porto de Tragove coas chabolas e a nave de redeiras.
  • No 2001 continúan as infraestructuras do porto de Tragove: está pendente a rampa-varadiro, a posta en funcionamento da fábrica de xeo, un novo espigón de abrigo, a instalación de pantaláns para pequenas embarcacións, cámaras de refrixeracións.

A lonxa de Tragove na actualidade
Na actualidade, ademais da propia lonxa, conta con outros servicios propios como unha fábrica de xeo, cámaras de conxelación, pantalán para pequenas embarcacións...

A lonxa controla os topes de captura, a talla e legalidade dos productos pesqueiros. Regula os prezos para buscar o meior rendemento posible das capturas. Exerce función fiscal e retén un 5% das ventas que fai posible o funcionamento e o mantemento dos servicios que a Cofraría lle presta aos seus asociados.

No hay comentarios:

Publicar un comentario