martes, 19 de noviembre de 2013

Vídeo que presentou o Concello de Cambados en Italia para defender a su candidatura a ser a capital europea do viño no ano 2014

As localidades compiten por atraer o turismo, as inversións e as exportacións. Cando se goza dunha reputación clara e positiva, como é o caso de Cambados no sector vitivinícola en España, o valor de marca abre as portas a novos proxectos.





Hoxe en día a localidade está considerada como un producto cunha marca. Debe ser un elemento atractivo en todos os sentidos: para os residentes é un lugar para vivir, para traballar, para o ocio e o entretemento; para os inversores é un lugar interesante onde invertir e situar as empresas e para os turistas e visitantes é un lugar de interés cultural, de entretemento, de negocios e de descanso.

As características da localidade mediante a marca e os seus símbolos son un instrumento para competir e diferenciarse de outras localidades. A marca é un activo intanxible que permite ós clientes manifestar as  súas preferencias. Polo tanto, o éxito da imaxe e da marca dunha localidade depende dunha axeitada comunicación dos atributos que posúe. A apropiada xestión da imaxe e da marca da localidade é indispensable para que sexa percibida como algo único, diferente e atractivo polos diferentes públicos obxetivo.


As cidades do viño
A Rede Europea de Cidades do Viño (RECEVIN) está actualmente integrada por 800 cidades de nove países que teñen unha forte dependencia da vitivinicultura (Alemaña, Austria, Eslovenia, España, Francia, Grecia, Hungría, Italia e Portugal).  A rede proclamou no ano 2012 o concurso anual da Cidade Europea do Viño, no marco das actividades de promoción e difusión do Enoturismo.

Alegría entre os xerezanos o pasado fin de semana cando coñeceron que a súa localidade foi elixida como “Cidade Europea do Viño para o próximo ano 2014”. Este recoñecemento é tanto para a cidade, como para a autonomía e para todo o país,  xa que servirá de promoción dos viños españoles en toda Europa.

No seguinte link está dispoñible o vídeo promocional da localidade elixida. Parabéns!!

domingo, 17 de noviembre de 2013

"Cambados crece con esta festa e os cambadeses séntense identificados con ela"

O que comezou como unha xuntanza de amigos no ano 1953 é hoxe unha das festas máis importantes dentro das xornadas adicadas á vitivinicultura en España. Nestas reunión os alcaldes colaboraban a título particular porque o concurso que se realizaba era unha comida onde escritores e intelectuales ensalzaban as cualidades do viño e decidían cal era o mellor viño da zona.

Na década dos 60 a festa abreuse ó pobo e lévaronse a cabo outras actividades como desfiles de carros, catas públicas na Calzada ou o pregón en Fefiñáns, ademáis das verbenas, competicións deportivas e folclore en xeral. No ano 1965, Manuel Fraga Iribarne presideu os actos que provocaron unha gran repercusión na prensa da época e en 1969 créase O Capítulo Serenísimo que representa unha importante labor de imaxe, moito máis trascendente do que se podía imaxinar nun principio. 

En 1977, decárase por primeira vez Festa de Interés Turístico, declaración ratificada en setembro de 1990 cando se lle otorga o título de Festa de Interés Turístico Nacional.

Dous anos máis tarde Adolfo Domínguez deseñou as capas do Capítulo Serenísimo o que supuxo un novo impulso e unha gran difusión para a festa dada a importancia do deseñador. Cada ano nómbrase ós novos “cabaleiros” e “damas” do Capítulo Serenísimo do Albariño, o que enche as rúas da vila de personalidades de distintos ámbitos sociais, políticos e culturais.

Durante os días de festa toda a vila é partícipe dun sinfín de actividades e eventos, xornadas gastronómicas, concertos dos mellores grupos españois e internacionais, actuación de grupos de gaitas, de bandas de música, exhibicións folclóricas, competicións deportivas, festivales pirotécnicos...

Esta celebración beneficia a Cambados dun xeito extraordinario, xa que se achegan personalidades da administración, persoas do mundo da cultura, artistas, periodistas...que otorgan un gran prestixio e unha gran difusión que se torna en importantes melloras para a Vila do Albariño.

viernes, 8 de noviembre de 2013

Moito mundo por descubrir

Rías Baixas y Cámara de Comercio se unen para reforzar la estrategia de internacionalización

Este foi o titular dunha noticia que fai vinte días publicouse no Faro de Vigo. Despois dos magníficos datos rexistrados na última colleita parece lóxico que o sector vitivinicultor aposte por colocar os seus caldos no mercado exterior, a clave está na internacionalización, por iso o Consello Regulador e representantes de 21 bodegas deseñan o seu plan de acción exterior para o ano 2014.

Tanto na Cámara de Comercio como no Consellor Regulador das Rías Baixas que “ o acordo reforza a voluntade de ambas partes de seguir apoyando a internacionalización” por tratrase “dunha peza clave para o crecemento da economía galega”. A idea deste proxecto é “manter a aposta polos mercados maduros, como son Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Porto Rico e Holanda, e explorar novos mercados potenciais como Panamá, Colombia, Paraguay e Rusia a través de acción puntuais”.

Respecto ós mercados emerxentes, Rías Baixas mantén o seu constante crecemento no mercado asiático, especialmente en China e Xapón. Para reforzar este crecemento, a denominación participará un ano máis na feria Food & Hotel de Shanghai, feria de maior prestixio no continente asiático e protagonizará un seminario en Tokio para sumilleres e medios de comunicación no que os viños das Rías Baixas maridarán coa cociña nipona. Respecto a estes novos mercados fíxose eco o Diario de Arousa e o pasado de novembro publicaba o seguinte titular:

El embajador de Japón visita la villa y destaca el potencial del albariño como producto de moda en su país

O embaixador de Xapón en España, Satoru Satoh, visitou a vila de Cambados para coñecer de primeira man cómo se traballa na Denominación de Orixe Rías Baixas e asegurou que o viño Albariño goza dunha “boa acollida en Xapón porque combina á perfección coa gastronomía nipona.

Satoru Satoh afirmou que “é un momento idóneo para que as bodegas inicien campañas de venta en Xapón porque os productos españoles están de moda alí e nos últimos anos abríronse moitos bares e restaurantes onde, sobre todo a xente xoven, disfruta dos viños albariños e da música española” Añadeu tamén que “o mercado xaponés é moi exixente coa calidade pero moi fiel cando lle gusta un producto”.

Á vista do anterior están as estadísticas que confirman que Xapón é un país importante nas exportación da DO Rías Baixas xa que este ano creceu o volume de viño enviado nun 25,5% respecto á campaña pasada, alcanzouse os 80.000 litros e un volume de negocio de medio millón de euros.

sábado, 2 de noviembre de 2013

Día Europeo do Enoturismo

“Cambados é destino dun turismo cultural e gastronómico”

O próximo 10 de novembro vaise a celebrar o Día Europeo do Enoturismo. O Concello de Cambados e A Ruta do Viño Rías Baixas organizarán unha xornada de portas abertas nas que se podrá observar de cerca o funcionamento dalgunhas bodegas e participar na segunda edición do concurso amateur de catadores que se celebrará no salón José Peña de Cambados, entre outras actividades que están programadas para ese día.

Bodegas como Lagar de Besada, Mar de Frades, Terras Gauda, Zárate o Pazo Quinteiro da Cruz abrirán as súas portas durante ese día ofrecendo a posibilidade de coñecer a bodega a través das visitas guiadas ou degustacións. Martín Códax organizará un showcooking no que os estrellas Michelin como Rafael Centeno do restaurante Maruja Limón, e Alberto Prelcic, de Silabario, prepararán cada un en directo e ante o público catro platos especiales inspirados nos viños da bodega.Pazo Baión ofrecerá un desconto do 50% nos precios das súas actividades e Pazos de Lusco sorteará unha comida entre aquelas persoas que estén de visita ese día. 

A celebración do Día Europeo do Enoturismo, que comezou no ano 2009, ten por obxetivo difundir o turismo do viño de forma simultánea en todos os países europeos e concienciar sobre a importancia que ten esta actividade no lugar que se realiza. “ Con iniciativas como esta queremos seguir traballando na construcción dun futuro mello para a nosa terra e para toda a xente que habita no territorio acollido á Denominación de Orixe” ( Juan Gil de Araujo, presidente da Ruta do Viño Rías Baixas).

Os organizadores deste evento explicaron que estas actividades tendrán carácter gartuito, pero será preciso realizar unha inscripción previa que se podrá formalizar tanto na oficina da Ruta do Viño Rías Baixas da localidade como na oficina municipal de turismo.