As mareas

"Auga do mar, vento da ría, chuvia pra todo o día"


O fenómeno das mareas ten una explicación moi interesante e afecta a diversos aspectos da vida na Terra. Ó longo da historia, este fenómeno natural formou parte de moitos interrogantes, incluso adxudicándolle na antigüedade toda clase de causas ilóxicas. A pesar de que isto foi observado e estudiado ó longo da historia polo seu encanto e cautivante mecanismo, só fai uns siglos atrás logrouse explicar cientificamente.

Hoxe xa sabemos moito sobre as mareas aínda que o seu funcionamento segue deixándonos asombrados. E ti, nunca te fixeches a seguinte pregunta:

¿Pero que é o que realmente causa as mareas e cómo se repiten?


No seguinte enlace http://www.tablademareas.com/ pódense consultar as tablas de mareas de moitos lugares do mundo. Aquí podes ver en tempo real a condición da marea e outros datos como a fase lunar, horario de salida e posta do Sol e da Lúa, hora de máxima actividades dos peixes, estado do tempo... Dentro da provincia de Pontevedra, entre os dez municipios que aparecen non se atopa Cambados, pero os que están máis preto son Vilagarcía de Arousa, O Grove e Sanxenxo.

1 comentario:

  1. Levo xa uns aniños lonxe da miña terra, e todo o contido deste blog esperta o orgullo que sinto por ela. Teño que admitir que moitas curiosidades que aquí se detallan eran descoñecidas pra min. En definitiva, un blog como poucos, estou a espera de novas publicación. Un saúdo

    ResponderEliminar