Cambados

Fotos de onte e de hoxe


É incalculable o valor das fotografías antigas. Agora está ó alcance de todos facer millares de fotos e no acto borralas porque non saímos ben ou porque sale algo raro nela ou porque non nos gusta a luz...etc. Son poucas as persoas que pasan o traballo de imprimilas e archivalas nos manoseados álbums. Isto non é nin mellor nin peor, é simplemente distinto.

Unha fotografía antiga en blanco e negro ou sepia non transmite o mesmo que unha actual. As antigas comunican algo diferente, son especiales, son como unha fiestra aberta ó pasado que nos invita a viaxar no tempo. É impresionante ver os cambios dos lugares, esas fotos convidan a pararse nelas, ver qué era antes e qué é agora ese sitio, sin querer sitúala no panorama actual. Ademáis do valor sentimental, as fotos antigas aportan outros valores: histórico, informativo ou tamén son de moita axuda para o ámbito da investigación. Gardan unha maxia sorprendente, son verdadeiras xoias.

No seguinte álbum móstranse parellas de fotografías dalgúns dos lugares turísticos de maior interés da vila de Cambados. 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario