miércoles, 30 de octubre de 2013

Cambados desde as alturas

¿Quén visitando unha nova cidade nunca buscou o punto máis alto para fotografíar as vistas desde as alturas? 



Facer fotografías aéreas non é algo que esté todos os días ó alcance de calquera, pero se se quere, sempre hai opcións que poden poñer en práctica todo o mundo como subir á cima dun monte, acudir ós miradores, ós tellados dos edificios máis altos ou tamén ás pasarelas que cruzan as carreteras. O vídeo ou a fotografía aérea xeran imaxes desde puntos de vista que nos estamos acostumbrados a ver porque desde as alturas vense cousas moi curiosas que non se aprecian desde o chan. E todavía máis atractiva se volve a cousa cando se trata de algo cercano a un.

Para a realizacón do seguinte vídeo utilizouse un Oktokopter. Trátase de algo semellante a un helicóptero en miniatura ó que se lle acopla unha cámara de vídeo. Desde este aparello conséguense perspectivas difíciles de obter doutra maneira. O seu control manéxase a través dun sistema de visión en directo desde o chan, mediante unhas gafas ou un monitor que permite ver en todo momento a imaxen en tempo real.

martes, 29 de octubre de 2013

"La toxina cierra todas las bateas en las Rías Baixas"

O pasado 13 de Outubro podíase ler no diario La Voz de Galicia que a marea vermella producida pola toxina abriu unha crise na industria do marisco e o alcance aínda hoxe está por determinar. O impacto será maior nos polígonos do mexillón, afectados pola decisión Intecmar de pechar como unha medida de precaución todos os polígonos de batea , na esperanza dun cambio de vento na costa galega á compoñente sur que ameaza con estender a toxina para as seis zonas galegas da ría de Vigo e tres da ría de Arousa as cales aínda permanecían abertas. Os productores saberán nas próximas horas , unha vez que estén listos os resultados das análises que se realizarán hoxe, se esa veda que é provisional pasa a ser efectiva ou si se levanta e se pode volver ao traballo.

Gaivotas no muelle de Vilanova, onde non houbo descarga de
mexillón debido á toxina














Para iso, como explicou onte o Depar-tamento do Mar, procederase á toma de mostras nas bocas dos estuarios . Con este material, técnicos do laboratorio realizarán análises con bioensaios , que é un método máis rápido que o químico e permite máis rapidamente determinar o nivel de implicación da marea vermella provocada por algas tóxicas das que o marisco se alimenta. A Consellería destacou que todas as extraccións realizadas o sábado e onte non presentan ningún problema, sempre que o marisco proceda das zonas que estaban abertas nas rías de Vigo e Arousa. 

viernes, 18 de octubre de 2013

“Durme deitada ó sol, na beira do mar” (Ramón Cabanillas)

Afincada no val do Salnés, no centro das Rías Baixas, na desembocadura do río Umia, atópase a vila de Cambados. Conocida como a capital do Albariño é tamén terra de mariscadores como se reflexa na súa gastronomía. Este concello está cheo de casa nobles e populares con inconfundible sabor fidalgo e mariñeiro.
O centro urbano, de enorme riqueza patrimonial é o resultado da unión de tres núcleos históricos:

Fonte do rañeiro
 1.- O distrito aristocrático de Fefiñáns, aquí atopamos o conxunto da plaza (aberta ó mar ata fai dous séculos) enmarcada polo noble e fidalgo pazo de Figueroa e a igrexa neoclásica de San Benito.

2-. A antiga vila de pescadores de San Tomé (vila mariñeira e de pescadores desde sempre) , onde o impoñente barroco Montesacro , mirando ó mar , alberga hoxe o fogar de anciáns. Nesta vila, aó longo da costa nunha pequena illa están as ruínas da torre medieval de San Sadurniño , tal vez o edificio defensivo máis antigo ( século X ), que foi reconstruída varias veces

3-. O centro administrativo de Cambados no que destaca o paseo da Calzada, onde é hoxe o centro da poboación que alberga diversas actividades e eventos.

Hoxe en día, o que realmente atrae ó visitante e concentra os habitantes da vila e do resto de Galicia é a " Festa do Albariño Viño " Cada mes de agosto desde 1953, celébrase esta festa declarada de Interese Turístico Nacional, na que varias bodegas vinícolas ofrecen nas casetas os seus viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, a prezos populares , acompañándoos de empanadas, mariscos, mexillóns e outros produtos autóctonos do mar e da horta.



Na páxina "Cambados" deste blog móstrase un álbum de fotos da vila: Fotos de onte e de hoxe.