Artes de pesca

"Onde hai patrón, non manda mariñeiro"


O mar dá emprego en Cambados, de forma directa, a máis de 1500 mulleres e homes; a vez que é xerador de actividades tanto industriais como comerciais que conforman o tecido económico primordial para o desenvolvemento socio-económico do conxunto da poboación. O mar dalle traballo, ademáis de ás persoas que se adican ás actividades de extracción que son os mariñeiros, mariscadoras e mariscadores, tamén ás persoas que traballan noutros ámbitos como na acuicultura, na transformación e na comercialización dos productos.


Redeiras no Porto de Tragove
Tamén sostén outros oficios e actividades que, directa ou directamente, están relacionadas con el (talleres de reparacións, redeiras, depuradoras de marisco, cetáreas, conserveiras, estaleiros, efectos navais, ferreiros, carpinteiros, mecánicos...). 

O mar é a empresa máis importante do noso pobo. Aínda que neste momento estamos a pasar unha longa crise, a capacidade de adaptación, as iniciativas do conxunto do sector pesqueiro e a organización dos mariscadores a flote e as mariscadoras a pé, van a sentar as bases do futuro da nosa vila como pobo mariñeiro.

Os mariñeiros de Cambados caracterizáronse de sempre pola sua pericia e bo facer á hora de aproveitar os recursos naturais da ría, e supéronse dotar das artes e da flota máis axeitadas para este fin. Pódese decir que o noso pobo acolle a case totalidade das artes empregadas na pesca de baixura en Galiza e dos seus subsectores -cerco, enmalle, nasas, bou de vara, bou, boliche, rastro da vieira e marisqueo a pé e a flote; e fomos pioneiros, no seu momento, na acuicultura de cultivo de ostra en parques, e do mexillón.

Na seguinte presentación móstranse as diferentes artes de pesca que desenvolven os mariñeiros da vila de Cambados.


No hay comentarios:

Publicar un comentario