Degustación

“Cambados é un lugar onde comer non é unha necesidade, é un pracer”



A Vila de Cambados é o destino perfecto para o turista que disfruta comendo productos de primeira calidade. A ría de Arousa é a máis extensa de Galicia e é moi rica en todo tipo de peixe e de marisco. Cada día, mariñeiros e mariscadores achegan á lonxa cambadesa os mellores productos do litoral, onde os restaurantes o mercan para elaborar os seus exquisitos menús. 

Na vila atópanse numerosas taperías, marisquerías e restaurantes de longa tradición. Todos utilizan os mellores productos do mercado, os máis frescos e os de máis alta calidade. A continuación, recoméndase tres dos mellores restaurantes que se atopan no concello de Cambados e nos que se poden degustar as mellores mariscadas.

1. Restaurante "Casa Rosita"

Os pratos de “Casa Rosita” son o resultado dunha cociña extremadamente coidada ó longo das xeracións e dun acreditado compromiso coa auténtica cociña galega. Fundaméntase na preparación dos mellores pescados e mariscos das nosas rías, sempre ben acompañados dunha extensa selección de viños Albariños. Os pratos estrela son o salpicón de marisco, o pescado guisado e as filloas con nata e mel. O menú cambia todos os días e consta de entrante, primeiro e segundo plato, viño e postre.

Contacto

Avda. de Vilagarcía, 8
Corbillón, Cambados (36634) Pontevedra
Telf.: (+34) 986 542 878

2. Restaurante Ribadomar

Trátase dun restaurante familiar ubicado nas inmediacións da zona monumenta de Fefiñáns. Delicias extraídas directamente da Ría de Arousa que se poden degustar neste restaurante que tamén mostra o seu amor inigualable ó viño Albariño, recoñecido tamén como o “Príncipe Dourado”. Ribadomar é un restaurante de alto standing nun lugar que ten ben merecido o calificativo de remanso de paz. Este restaurante ofrece, todos os días, o seguinte menú por 20€ por persona (I.V.A. Incluído).

Contacto
Rúa Valle Inclán, 17
Cambados (36630) Pontevedra
Telf.: (+34) 986 543 679

3. Posta do Sol

Este agradable lugar é característico na zona pola súa extensa terraza onde se poden degustar os pratos máis sabrosos da cociña tradicional galega preparados con productos de excelente calidade. Conta cun menú moi variado en pescados e marisco, sendo o prato estrela a empanada de vieira. A súa relación calidade – precio é inmellorable.

Contacto
Ribeira de Fefiñáns, 22
Cambados (36630) Pontevedra
Telf.: (+34) 986 542 285

No seguinte recetario amósanse, dunha maneira moi sinxela, diversos pratos típicos da vila preparados cos ingredientes máis peculiares e propios da Ría de Arousa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario