viernes, 18 de octubre de 2013

“Durme deitada ó sol, na beira do mar” (Ramón Cabanillas)

Afincada no val do Salnés, no centro das Rías Baixas, na desembocadura do río Umia, atópase a vila de Cambados. Conocida como a capital do Albariño é tamén terra de mariscadores como se reflexa na súa gastronomía. Este concello está cheo de casa nobles e populares con inconfundible sabor fidalgo e mariñeiro.
O centro urbano, de enorme riqueza patrimonial é o resultado da unión de tres núcleos históricos:

Fonte do rañeiro
 1.- O distrito aristocrático de Fefiñáns, aquí atopamos o conxunto da plaza (aberta ó mar ata fai dous séculos) enmarcada polo noble e fidalgo pazo de Figueroa e a igrexa neoclásica de San Benito.

2-. A antiga vila de pescadores de San Tomé (vila mariñeira e de pescadores desde sempre) , onde o impoñente barroco Montesacro , mirando ó mar , alberga hoxe o fogar de anciáns. Nesta vila, aó longo da costa nunha pequena illa están as ruínas da torre medieval de San Sadurniño , tal vez o edificio defensivo máis antigo ( século X ), que foi reconstruída varias veces

3-. O centro administrativo de Cambados no que destaca o paseo da Calzada, onde é hoxe o centro da poboación que alberga diversas actividades e eventos.

Hoxe en día, o que realmente atrae ó visitante e concentra os habitantes da vila e do resto de Galicia é a " Festa do Albariño Viño " Cada mes de agosto desde 1953, celébrase esta festa declarada de Interese Turístico Nacional, na que varias bodegas vinícolas ofrecen nas casetas os seus viños da Denominación de Orixe Rías Baixas, a prezos populares , acompañándoos de empanadas, mariscos, mexillóns e outros produtos autóctonos do mar e da horta.



Na páxina "Cambados" deste blog móstrase un álbum de fotos da vila: Fotos de onte e de hoxe.

No hay comentarios:

Publicar un comentario