domingo, 17 de noviembre de 2013

"Cambados crece con esta festa e os cambadeses séntense identificados con ela"

O que comezou como unha xuntanza de amigos no ano 1953 é hoxe unha das festas máis importantes dentro das xornadas adicadas á vitivinicultura en España. Nestas reunión os alcaldes colaboraban a título particular porque o concurso que se realizaba era unha comida onde escritores e intelectuales ensalzaban as cualidades do viño e decidían cal era o mellor viño da zona.

Na década dos 60 a festa abreuse ó pobo e lévaronse a cabo outras actividades como desfiles de carros, catas públicas na Calzada ou o pregón en Fefiñáns, ademáis das verbenas, competicións deportivas e folclore en xeral. No ano 1965, Manuel Fraga Iribarne presideu os actos que provocaron unha gran repercusión na prensa da época e en 1969 créase O Capítulo Serenísimo que representa unha importante labor de imaxe, moito máis trascendente do que se podía imaxinar nun principio. 

En 1977, decárase por primeira vez Festa de Interés Turístico, declaración ratificada en setembro de 1990 cando se lle otorga o título de Festa de Interés Turístico Nacional.

Dous anos máis tarde Adolfo Domínguez deseñou as capas do Capítulo Serenísimo o que supuxo un novo impulso e unha gran difusión para a festa dada a importancia do deseñador. Cada ano nómbrase ós novos “cabaleiros” e “damas” do Capítulo Serenísimo do Albariño, o que enche as rúas da vila de personalidades de distintos ámbitos sociais, políticos e culturais.

Durante os días de festa toda a vila é partícipe dun sinfín de actividades e eventos, xornadas gastronómicas, concertos dos mellores grupos españois e internacionais, actuación de grupos de gaitas, de bandas de música, exhibicións folclóricas, competicións deportivas, festivales pirotécnicos...

Esta celebración beneficia a Cambados dun xeito extraordinario, xa que se achegan personalidades da administración, persoas do mundo da cultura, artistas, periodistas...que otorgan un gran prestixio e unha gran difusión que se torna en importantes melloras para a Vila do Albariño.

3 comentarios:

  1. Encántame a fotografía do carro de vacas, acórdame ós meus tempos mozos e por suposto descubrín cousas que non sabía!!!
    A seguir así que grazas a este blog estou segura que descubriremos moitas cousas

    ResponderEliminar
  2. Este blog e interesante porque grazas a el acordanos como comenzou todo.As costumbres de antes como facian as festas e como comenzaron .Sempre esta ben volver atras.

    ResponderEliminar
  3. grazas por facernos chegar toda esta información! somos moitos os que disfrutamos a festa, pero poucos os que saben os orixes!
    Esperamos novas publicacións!! :)

    ResponderEliminar