viernes, 8 de noviembre de 2013

Moito mundo por descubrir

Rías Baixas y Cámara de Comercio se unen para reforzar la estrategia de internacionalización

Este foi o titular dunha noticia que fai vinte días publicouse no Faro de Vigo. Despois dos magníficos datos rexistrados na última colleita parece lóxico que o sector vitivinicultor aposte por colocar os seus caldos no mercado exterior, a clave está na internacionalización, por iso o Consello Regulador e representantes de 21 bodegas deseñan o seu plan de acción exterior para o ano 2014.

Tanto na Cámara de Comercio como no Consellor Regulador das Rías Baixas que “ o acordo reforza a voluntade de ambas partes de seguir apoyando a internacionalización” por tratrase “dunha peza clave para o crecemento da economía galega”. A idea deste proxecto é “manter a aposta polos mercados maduros, como son Estados Unidos, Reino Unido, Alemaña, Porto Rico e Holanda, e explorar novos mercados potenciais como Panamá, Colombia, Paraguay e Rusia a través de acción puntuais”.

Respecto ós mercados emerxentes, Rías Baixas mantén o seu constante crecemento no mercado asiático, especialmente en China e Xapón. Para reforzar este crecemento, a denominación participará un ano máis na feria Food & Hotel de Shanghai, feria de maior prestixio no continente asiático e protagonizará un seminario en Tokio para sumilleres e medios de comunicación no que os viños das Rías Baixas maridarán coa cociña nipona. Respecto a estes novos mercados fíxose eco o Diario de Arousa e o pasado de novembro publicaba o seguinte titular:

El embajador de Japón visita la villa y destaca el potencial del albariño como producto de moda en su país

O embaixador de Xapón en España, Satoru Satoh, visitou a vila de Cambados para coñecer de primeira man cómo se traballa na Denominación de Orixe Rías Baixas e asegurou que o viño Albariño goza dunha “boa acollida en Xapón porque combina á perfección coa gastronomía nipona.

Satoru Satoh afirmou que “é un momento idóneo para que as bodegas inicien campañas de venta en Xapón porque os productos españoles están de moda alí e nos últimos anos abríronse moitos bares e restaurantes onde, sobre todo a xente xoven, disfruta dos viños albariños e da música española” Añadeu tamén que “o mercado xaponés é moi exixente coa calidade pero moi fiel cando lle gusta un producto”.

Á vista do anterior están as estadísticas que confirman que Xapón é un país importante nas exportación da DO Rías Baixas xa que este ano creceu o volume de viño enviado nun 25,5% respecto á campaña pasada, alcanzouse os 80.000 litros e un volume de negocio de medio millón de euros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario